A realidade é que hai 2.716 autónomos menos que hai un ano. Daquela eran 213.359 e hoxe son 210.643.
Os datos da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA), non deixan marxe á dúbida: a galega é a comunidade no que máis traballadores autónomos perde de todo o Estado.
Polo miúdo, en 12 meses perdeu 1.461 autónomos no sector industria –un descenso de preto do 10%-; en Comercio 1.319; na Agricultura 988; na Hostalería 284; nos Transportes, 43 e na Construción 33 máis.
Nos primeiros meses deste ano Galicia perdeu xa 643 autonómos, unha baixada do 0,3% fronte ao aumento do 0,4% do conxunto do Estado.