Comarcas

@ConcelloNigran pon en funcionamento un saneamento de Vilariño que estaba inoperativo dende 2015

O Concello de Nigrán vén de por en funcionamento o saneamento dun núcleo de Vilariño, na marxe da Avenida de Portugal, que a antiga Deputación executara no 2015 sen que nunca chegase a estar operativo.

O Concello investiu nesta reparación 6.200 € consistentes en por en marcha o bombeo e selar os pozos e colectores, xa que existía un problema de filtracións causantes da súa inoperancia . Deste xeito, unha ducia de casas da contorna poden solicitar xa a acometida ao mesmo en Aqualia.

“Era unha demanda lóxica deste barrio, xa que nunca chegara a funcionar e, dende o Concello, temos o compromiso de achegar o saneamento a cada casa, xa que o consideramos unha necesidade básica”, insiste o alcalde, Juan González.

También te puede interesar