Temos unha recomendación para ti: ‘Infamia’ (Xerais), o novo libro da escritora viguesa Ledicia Costas. Ten o que buscamos aqueles que aos que gústanos que nos conten unha historia: é clara, axil, emocionante e custa deixala.
Este martes, a autora, acompañada do director da súa editorial, Fran Alonso, e do escritor Manuel Bragado, presentou a novela no Centro Camoes, no Casco Vello, e mesmo leu as primeiras páxinas.
‘Infamia’ ten coma personaxe central a Emma Cruz, unha profesora de Dereito Penal, que se traslada a Merlo para facer unha substitución na universidade. A súa chegada ao pobo coincide coa lembranza do 25 aniversario da desaparición de dúas rapazas da vila, as irmás Giraud, das que ninguén volveu a saber nada nese tempo.