Galicia Vigo al minuto

#26M @MareaVigo proporá medidas para evitar a apertura de máis centros comerciais que “danen ao comercio local”

Marea de Vigo levará ao Pleno do Concello medidas para “evitar a apertura de novos centros comerciais que danen ao comercio local” e para conceder beneficios tributarios aos negocios de barrio, cuxa actividade beneficia á comunidade.

O candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, estivo este sábado pola mañá co resto das persoas da candidatura no Calvario, onde visitou o Mercado e poido comprobar a crise que está a sufrir o pequeno comercio de proximidade.

Pérez, quen  lembrou que dende o Grupo municipal da Marea de Vigo mantivo permanentes contactos cos pequenos comerciantes, reiterou o seu compromiso cun modelo de negocio achegado á xente, “que está rexentado por veciños e veciñas, que crea emprego, e que ten unha actividade que beneficia á economía da comunidade”.

O candidato de Marea de Vigo lembrou que, segundo os datos que manexan as propias organización de comerciantes, o barrio do Calvario perde unha media de cinco establecementos ao mes.

Para Marea de Vigo, trátase “dun dato contundente que amosa que, se non se toman medidas urxentes, o pequeno comercio desaparerá e, con el desaparecerá tambén a identidade dos barrios e da propia cidade, ademais de postos de traballo”.

You may also like