Galicia Vigo al minuto

170 ciruxáns pediátricos, en Vigo dende este xoves

Participan ata o sábado no 58º Congreso de Ciruxía Pediátrica de España que por primeira vez na súa historia terá coma Vigo coma escenario

Vigo será a sede, a partir deste xoves, día 23 de maio, do 58º Congreso Nacional de Cirurxía Pediátrica, que se celebrará na sede de Afundación. É a primeira vez que a Sociedade Española de Cirurxía Pediátrica elixe a nosa cidade para o seu congreso.

170 ciruxáns

Ata o vindeiro sábado serán máis de 170 cirurxiáns pediátricos os que asistirán ao evento anual. Durante as sesións expoñeranse 250 traballos científicos de máxima actualidade na especialidade, e haberá  relatores de recoñecido prestixio internacional.

O congreso contará con catro mesas redondas sobre os últimos avances en uroloxía pediátrica, cirurxía plástica en pacientes menores de 15 anos,  laparoscopia e cirurxía oncolóxica pediátrica. En cada unha delas disertarán os máis importantes cirurxiáns pediátricos españois nos seus respectivos campos das súas  subespecializacións.

Con anterioridade ao congreso, este mércores desenvolvéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro dous cursos formativos. O primeiro, sobre sutura  laparoscópica avanzada e o segundo, sobre o emprego de láser CO2 en cirurxía pediátrica. Esta última é unha técnica de máxima actualidade que xa se realiza en adultos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e que se pretende implantar en breve en pacientes en idade pediátrica.

Importante actividade

Os cirurxiáns pediátricos da Área de Vigo realizan ao redor de 900 operacións ao cabo do ano, o que supón unha actividade equiparable a outros hospitais de terceiro nivel de España.

Entre as intervencións cirúrxicas realizadas no último ano destacan as relacionadas con malformacións conxénitas nos pacientes e as de uroloxía pediátrica.

Ademáis, o Cunqueiro conta cunha moderna unidade de recuperación cirúrxica pediátrica que ofrece a  posibilidade de que os pacientes poidan estar acompañados dos seus familiares de forma permanente, tanto antes como con posterioridade á intervención.

You may also like