A deputada de Unidas Podemos no Parlamento de Galicia Paula Quinteiro propón unha acción coordinada en materia de vivenda e emprego “para que a xente moza poda quedarse a vivir na nosa cidade”
A recuperación de programas alternativos de ocio, a actividade da Casa da Xuventude e as políticas para facilita o acceso á vivenda e ao emprego serán accións prioritarias da Marea de Vigo para o vindeiro periodo de mandato municipal.
O candidato á Alcaldía desta formación, Rubén Pérez, criticou hoxe o “desmantelamento” de infraestructuras de encontro xuvenil, como era o programa “Súbete ao Castro” no edificio da ‘Cámara de Chaves’ da traída de auga.
Pérez lembrou que este programa foi “importantísimo na dinamización do ocio alternativo da mocidade viguesa”.
Rubén Pérez anunciou que a Marea de Vigo traballará para que estas políticas se recuperen cunha dotación orzamentaria suficiente por parte do Concello.
As políticas de xuventude son un exemplo “do que a Marea de Vigo quere enmendar nesta cidade”, segundo manifestou o candidato á Alcaldía, que lembrou tamén “o desmantelamento de gran parte dos servizos e actividades da Casa da Xuventude”.
Entre as medidas sobre xuventude incluidas no Programa Vivo da Marea de Vigo destaca a creación dun Plan Municipal de Emprego Xuvenil e a posta en marcha dende o Concello dunha bolsa de emprego novo e non precario.