Galicia Vigo al minuto

#FameDeFestivais @depo_es presenta os Festivais Rias Baixas que terán coma escenario a provincia durante todo o verán

A presidenta da Deputación presentou este venres os Festivais Rías Baixas 2019 que comezarán o 4 de xullo co PortAmérica en Caldas de Reis (4-6 de xullo).

Os mesmos  continuarán co Vive Nigrán (19-20 xullo), SinSal na Illa de San Simón (25-28 de xullo), Atlantic Fest na Illa de Arousa (26-27 xullo), SonRías Baixas en Bueu (1-3 agosto) e se estenderán ata 11 de agosto, día de remate dos festivais Revenidas en Vilagarcía e O Marisquiño en Vigo (que terán lugar entre o 9 e 11 de agosto).

Carmela Silva amosou o seu “orgullo” destacando que temos unha provincia con moito futuro, que está a poñer en marcha moitas iniciativas como esta que están a crear actividade económica”.

Silva convidou á cidadanía da provincia a asistir a este eventos para “desfrutar da mellor música, nos mellores espazos e rodeadas e rodeados da mellor xente”. A presidenta do organismo provincial salientou que, amáis da música, “o seu principal atractivo”, está o labor dos homes e mulleres que os organizan “que dan a mellor cara da provincia de Pontevedra”; tamén o espazo “paradisíaco” no que se desenvolven e á gastronomía que os complementa.

“Cando a xente chega aos nosos festivais vive un mundo de experiencias, de emocións, de sensacións que teñen como obxectivo final acadar a felicidade”.

You may also like