Galicia Sucesos

81 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 81 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entres as 3 da tarde do venres, día 24, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 26 de maio.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en oito accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

You may also like