O vindeiro domingo 2 de xuño presentarase “Sol do Condado” un vídeo turístico para promocionar a riqueza patrimonial e enogastronómica do Concello das Neves, creado polo autor Daniel Pérez.
Durante a xornada, que comezará ás 11 da mañá, ademáis da visualización do vídeo, farase unha visita ós Petroglifos da Coutada, de recente musealización. Por último, levarase a cabo unha degustación enogastronómica onde participarán restaurantes e adegas das Neves. A entrada éde balde e non se precisa inscrición.
Xa en xornadas anteriores leváronse a cabo outros actos de promoción como andainas como a “Andaina do Requeixo” ou a “Andaina da Lamprea”, xunto co Concello de Salvaterra. Este evento trátase dun instrumento máis na promoción turística do municipio, que está no camiño de converterse en destiño turístico.