Galicia

@festivaldecans proxectará as curtas gañadoras da súa XVI edición durante dous domingos consecutivos

A ‘Sala Ingrávida’, no Porriño, acollerá as proxeccións das curtas galardoadas na XVI edición do Festival de Cans. Debido ao repartido que quedou o palmarés, esta tradicional sesión dividirase en dous días. Así, o público terá outra oportunidade para ver as pezas gañadoras o domingo 2 de xuño e o domingo 9 de xuño, ambas sesións ás 8 da tarde.

O prezo da entrada será de 4€ e o aforo da sala é de 70 persoas. Os interesados e interesadas en acudir a estas dúas sesións poden facer dende xa as súas reservas na ‘Sala Ingrávida’, chamando ao número 986 331 622, na web salaingravida.gal ou a través de Ticketea. 

You may also like