Ao longo da vindeira semana un total de 159 persoas comezarán na provincia nove novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2019”.
Os talleres iniciaranse nos concellos de Lalín, Ponteareas, Moaña, Vigo, Caldas de Reis, A Estrada e Vilagarcía de Arousa.
Máis polo miúdo, en Lalín, a APAC comeza este luns 3 de xuño un curso de Traballos manuais variados, no que van participar 19 persoas todos os luns e venres, de 11:00 a 13:00 horas.
Tamén, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vilanova comeza o xoves 6 o obradoiro Conservando a memoria, no que van participar 16 persoas os xoves de 18:30 a 20:30 horas.
Por outra banda, en Ponteareas, a Asociación Cultural San Mateo, a partir do luns 3, organiza un taller de Restauración de mobles e tapicería, no que están inscritas 15 persoas, e que terá lugar os luns, de 17:00 a 20:00 horas.
En Moaña, tamén a partir do luns, a Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO) comeza un curso de Teatro, no que van participar 17 persoas todos os luns, de 11:30 a 12:30 horas.
No que respecta a Vigo, a partir do martes 4, a Asociación de Veciños de San Pedro de Sardoma O Carballo organiza un obradoiro de Pilates que terá lugar os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas. A esta actividade están inscritas 24 persoas.
A Asociación de Veciños Praza da Miñoca comeza o mércores 5 o taller de Arte con flores, no que van participar 16 persoas todos os mércores de 10:00 a 12:00 horas.
En Caldas de Reis, a partir do mércores 5, a Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses organiza o curso de Arte con Flores, no que están inscritas 16 persoas, e que terá lugar os mércores de 18:00 a 20:30 horas.
Pola súa banda, na Estrada, a Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Andrés de Vea iniciará, a partir do mércores 5, un obradoiro de Musicoterapia no que participarán 15 persoas todos os mércores de 20:00 a 22:00 horas.
Por último, en Vilagarcía de Arousa, a Asociación Coral Rosalía de Castro comeza o xoves 6 un curso de Bailes de Salón, no que están inscritas 21 persoas, e que terá lugar os xoves de 18:30 a 20:00 horas.