O mes pasado rematou con 5.421 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego de Galicia, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego.
En total o pasado día 31 había 160.805 galegos e galegas nas listas do Servizo Galego de Emprego, 15.891 menos que hai un ano.