Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más@ConcelloNigran abre o prazo para solicitar axudas para a compra de libros e material escolar
O Concello de Nigrán abre este mércores, 5 de xuño, e ata o día 26, o prazo para solicitar axudas municipais á adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2019/20 (BOP 4 de xuño de 2019).
Coma en anos anteriores, a contía máxima é de 65€ por cada neno e mantense o requerimento indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2019-2020.
Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido. A documentación para presentar será: fotocopias do libro de familia completo, DNI dos pais, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador, xustificante de ingresos de toda a unidade familiar do exercicio 2018, recibo de aluguer ou de préstamo hipotecario, vidas laborais para os maiores de 16 anos, etc.
A solicitude realizarase no Departamento de Benestar Social do Concello de Nigrán mediante cita previa no teléfono 986.365.000.