O Goberno de Galicia e a Cooperatiiva e Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) asinaron un acordó que permitirá a posta en marcha dun ciclo experimental de FP Dual no eido pesqueiro.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e maila conselleira do Mar, Rosa Quintana, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a posta en marcha deste ciclo dual de grao superior para a obtención do título superior de técnico de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións que se impartirá no Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo.
O convenio tamén foi asinado polo presidente de ARVI, Javier Touza; e polos representantes das quince empresas participantes neste proxecto -Freiremar, Moradiña, Pesqueras de Bon, Febesa Cangas, Pescapuerta, Hermanos Gandón, Agustín Santomé, Pesquerías Carral, Stella Maris de Bueu, Armadora Pereira, Walvisfish, Gordejuela Pesca, Pescaberbes, Angelsonia Pesca e Viverdreams Fish-.
16 alumnos poderán cursar o vindeiro curso 2019-20 o grao superior dual de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións, onde compaxinarán a formación académica coa formación práctica nas instalacións das empresas asinantes do acordo.
En total, o ciclo consta de 2.000 horas de formación curricular que se repartirán a razón do 44% no centro educativo entre os meses de setembro e decembro do vindeiro curso, e o 56% restante como actividade profesionalizadora no centro de traballo entre xaneiro e xuño.