Segundo informa o Goberno de Galicia, estes traballos de mantemento estanse a levar a cabo no treito interurbano deste río e se estenden nun tramo de 1 quilómetro de lonxitude, desde a estrada PO-325 ata a desembocadura.
Estas tarefas súmanse ás iniciadas a pasada semana nos treitos interurbanos dos regatos Chans e Ríal, nas parroquias de Bembrive e San Andrés de Comesaña.
As obras céntranse nas rozas localizadas para o acceso aos puntos de traballo e a retirada de árbores caídas e apeo de secos con risco de caída. “Unha vez finalizadas estas actuacións, ambos ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas”.