Tal como xa se adiantou tras o pleno de investidura a Alcaldía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos.
As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito:
Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos: Loli Castiñeira; Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio: Alex Rodriguez; Vías e Obras, Parques e Xardíns e Servizos Municipais e Mobilidade: Miguel González; Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo:Lucía Pereira; Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación: Verónica Tourón; Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado: Ángela Ledo e Deportes, medio ambiente e medio rural:Rubén González.
Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición que establece o compromiso de “iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións”.
Doutra banda, Movemento Salceda e PSdeG-PSOE acordaron tamén sacar adiante en paralelo a Relación de Postos de Traballo (RPT ) municipal e o Convenio Colectivo.
O equipo de Goberno inicia xa os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes que, segundo o pacto asinado, contempla a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020.