O día é o sábado, día 6 de xullo, e a hora as 22:30, na rúa Compostela de Tui, dentro deo programa ‘Musigal Son Tradición’.
Susana Seivane estará tocando xunto con Miguel González, saxo; Rubén Deschamps, guitarra e mandolina; Carlos Freire, batería e percusión tradicional e Iago Rodríguez, baixo eléctrico.
Esa noite presentará temas do seu último traballo “FA”, publicado o pasado mes de setembro, un disco intimista, romántico, inspirador e tenro. Pero tamén repasará outros temas da súa longa carreira musical, todo nun espectáculo fresco e orixinal.