Esta fin de semana, do venres 5 ao domingo, día 7 de xullo, A Guarda será sede do Campionato Galego de Balonmán Praia, un evento deportivo organizado pola Federación Galega de Balonmán e que chega á Guarda tras pasar polos concellos de Baiona, O Grove e Bueu.
Esta cita, cuarta proba das seis que compoñen este campionato, terá lugar nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos, onde os máis de 1.000 deportistas participantes loitarán para acadar o triunfo neste campionato que continúa nos concellos de Moaña e Vigo.
Competiran na Guarda, máis de 80 equipos nas categorías: alevín mixto, infantil feminino, infantil masculino, cadete feminino, cadete masculino y sénior feminino e masculino.