A partir da 1 da tarde deste luns o Goberno de Galicia ten activada a alerta laranxa por tormentas e choiva na montaña de Ourense.
Desde a Vicepresidencia do Goberno engade que na zona do Miño e Valdeorras tamén hai activado un ‘aviso amarelo’ polo mesmo motivo e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indica que agárdanse “precipitacións acumuladas de até 30 mm nunha hora”.