O BNG de Vigo subliña que a inexistencia dunha política indutrial por parte do Goberno de Galicia ten a súa proba no proceso de liquidación de Vulcano.
Para o concelleiro Xabier P.Igrexas é “insultante” que os responsábeis da Xunta afirmen que se fixo todo o posible por Vulcano e esixe ao Goberno Feijóo que “exerza de verdade as súas competencias e deixe de ignorar as necesidades do tecido produtivo e industrial da nosa cidade e da nosa comarca”.
Para o Bloque a construcción naval é unha “actividade estratéxica e un sector clave na economía de Vigo” e por iso demanda que se tomen medidas para que Vulcano non desapareza.
Control público
Nesta liña, o BNG propón que o asteleiro pase a control público logo de que se vise que os actuáis propietarios non son quen de pomelo en marcha.
A xuízo do concelleiro do BNG, Vulcano “reúne as condicións técnicas e loxísticas” para poder ser o Centro de Reparación Naval da Ría de Vigo. “Nun momento no que o sector naval vive preso das subas e baixas na demanda de buques de nova factura, a reparación naval permitiría estabilizar a produción e o emprego, dotando de maior garantía de futuro o conxunto do sector”.
Esta decisión, insiste Xabier P.Igrexas, cumpriría co obxectivo esencial de garantir os postos de traballo.