Galicia

A mellora da estrada PO-552, entre Nigrán e Baiona estará rematada en 6 meses e terá un custo de 318.000€

O Goberno de Galicia vén de adxudicar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís, nos concellos de Nigrán e Baiona, cun investimento de máis de 318.000€ e un prazo de execución de 6 meses.

Trátase dunha actuación que define a execución dos traballos de mellora da seguridade viaria e a eliminación dun treito cualificado como “punto negro” no tramo da estrada Vigo-Tui, comprendido entre os  puntos quilométricos 10+740 e 13+440.

Os traballos consistirán na mellora de interseccións nas que se produce unha maior parte dos accidentes neste tramo. Executaranse cambios de sentido e habilitaranse carrís centrais de espera para facilitar os xiros á esquerda nas interseccións que teñen suficiente visibilidade, e reordenaranse os xiros naquelas interseccións que non teñen a visibilidade necesaria para garantir os xiros nas desexables condicións de seguridade.

You may also like