Causa Galiza informa de que a ‘Audiencia Nacional’ levantou a imputación “por pertenza a organización armada” que, dende 2015, pesaba sobre nove militantes desta formación.
Os nove detidos foron trasladados ao cuartel de Tres Cantos, en Madrid, onde estiveron incomunicados tres días, “sendo sometidos a interrogatorios políticos”.
No ano 2016, a ‘Audiencia Nacional’, que decretara cautelosamente a “suspensión de actividades” de Causa Galiza, “debido á acusación policial”, suspende esta medida e devólvelle a estatus legal á formación independentista. “Agora nun auto de 1 de xullo, o mesmo tribunal retira tamén a acusación de ‘pertenza a organización armada’ ás nove persoas procesadas”.
Segundo indican os responsábeis de Causa Galiza, o auto “desmonta catro anos de montaxe policial” e evidencia que “os titulares publicados pola practica totalidade dos medios de comunicación eran inveraces e alimentaron unha estratexia represiva que estaba movida exclusivamente por obxectivos políticos”.