O alcalde asegurou este martes que “en dez días” o Goberno local terá xa o proxecto, “encargado hai dous meses” para remodelar por completo o Paseo de Bouzas.
Abel Caballero asegurou que será unha “actuación excepcional, á altura do que merece Bouzas” e que axiña, logo de que supere a declaración de impacto ambiental, a dirección de Costas cederá a titularidade do paseo ao Concello, polo que se poderá iniciar a reforma do mesmo.
Ao mesmo tempo que se fai realidade esta reforma, empezará o trazado do do paseo ata Samil de xieto que, “nun tempo razoable, haberá un paseo entre Samil e Bouzas”.