A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que ven de asinar un convenio coa Xunta de Galicia polo que o Concello de Ponteareas recibirá 187.919,44€ para a contratación de 11 mulleres vítimas de violencia de xénero.
Dende o mes de setembro estas mulleres traballarán durante un ano a xornada completa e desempeñando tarefas de interese xeral e utilidade social, como administrativas, xardineiras ou limpadoras.
No que vai de ano foron atendidas 150 mulleres polo Centro de Información a Mulller (CIM) e o Concello aposta pola formación ofrecendo durante todo o ano unha programación de cursos e obradoiros cos que mellorar o curriculum das mulleres ampliando así as posibilidades da inserción laboral.
Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade tamén ofrecen charlas e actividades para que as mulleres gañen en autoestima e adquiran ferramental psicolóxicas e condutuais que as fagan máis independentes e menos vulnerables.