Deportes Vigo al minuto

#Handtastic A selección española na @depo_es entes dos partidos decisivos do Mundial que se xoga en Pontevedra e Vigo

Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados do goberno da Deputación, recibiu á selección española júnior de balonmán que estes días está a disputar o Mundial nas sedes de Pontevedra e Vigo.

A delegación chegou á Deputación cos presidentes da Federación Española, Francisco Blázquez, e da Federación Galega, Bruno López, e, xunto aos xogadores, tamén asistiu o corpo técnico liderado polo adestrador Isidoro Martínez. No vestíbulo do Pazo tamén estiveron presentes nenas e nenos do Príncipe Felipe, amais dos equipos infantís dos clubs Teucro e Cisne.

Silva , que enfundouse a camiseta da selección, amosou o seu orgullo porque “esta provincia estea a acoller este Mundial porque se primeiro pensamos que era unha honra, vivímolo agora como unha oportunidade para mostrar a toda España e ao mundo a estes xogadores que son o noso presente pero tamén o noso futuro”.

A presidenta da Deputación felicitou á xogadores e técnicos “polas tres vitorias consecutivas que supoñen que xa esteamos clasificados para Octavos de Final,» e citou un por un os nomes de todos os seus compoñentes, facendo un recoñecemento especial a Pau Navarro.Tamén subliñou a importancia de apoiar este deporte “que nesta provincia se escribe con letras douro porque amamos o balonmán. Sempre tivemos e temos moitos equipos pero tamén unha base potentísima e por iso sempre seremos a milla douro do balonmán español”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.