Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, organizan o sábado 3 de agosto a novena edición da ‘Nigrán Area’, carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.
O prazo de inscrición para esta proba que reúne cada ano a centos de persoas está aberto ata o martes 30 de xullo ás 23.59 horas, ben a través da web www.carreirasgalegas.com, e na piscina mancomunada de A Ramallosa e na oficina de turismo de Panxón só nas categorías de pitufos a cadetes.
A carreira absoluta (de sub-18 a master e cunha distancia de 6.000 metros) ten un custe de 7 euros, as categorías inferiores son gratis. Poderán participar federados e non federados.
A proba dará comezo ás 10:00 horas coa categoría sub-16 seguida de sub-14, sub-12, sub-10, sub-8, e pitufos, sendo a absoluta ás 11:00 horas e a continuación a entrega de premios. Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).
Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros/as da categoría absoluta, ao primeiro de cada categoría e medalla conmemorativa a todos os Pitufos. Ademais, os 500 primeiros inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa.