Comarcas

@Concellotui reactiva este xoves 1 de agosto o control do aparcamento na Zona Azul

Dende este xoves, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.

O estacionamento gratuíto limitado no tempo  a hora e media aplícase nestes viarios de 10 a 14 h e de 16 a 21h salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

A Policía Local encargaranse de controlar á Zona Azul para garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados. Lémbrase que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na Tesourería na Casa do Concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

Dende o Concello lémbrase que no centro urbano existen zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.

También te puede interesar