Ciencia y Tecnología Galicia

Achégase a ‘Noite Branca’ de Vigo

Máis de 50 actividades para esta 'Noite branca'

A Concellería de Cultura promove o programa cultural «A Noite Branca», que se desenvolverá o venres 9 de agosto, dende as 20:00 ás 02:00 h.

Esta iniciativa, que comezou hai 7 anos, ten como principal obxectivo poñer en valor o patrimonio da nosa cidade á vez que desenvolve unha manchea de actividades nos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo (Pazo-Museo «Quiñones de León», Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca «Francisco Fernández del Riego», Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo); todo nun horario amplo, procurando maiores atractivos para a cidadanía viguesa e para as persoas que visitan a cidade nestas datas.

Ao igual que no ano anterior, súmanse a esta iniciativa os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da Concellería de Patrimonio Histórico, a «Sede Afundación Vigo» (a través do centro Naturnova) e o Museo do Mar de Galicia (incluindo nesta edición «Salinae. Centro arqueolóxico do Areal»).

Concertos, obradoiros e activiades

Baixo o prisma de vinculación entre os espazos e as intervencións musicais, nesta edición tanto a cidadanía como as persoas que nos visitan nestas datas, poderán gozar de concertos en espazos como a Casa das Artes, o Xacemento Arqueolóxico do Castro, o Museo «Quiñones de León», os xardíns históricos de Castrelos ou o Verbum; ademais, haberá propostas musicais ao aire libre na rúa do Príncipe, arredor do Marco, e na praza da Princesa.

Visitas guiadas, obradoiros participativos, interactividade, concertos, exposicións e a ampliación do horario co fin de potenciar, tanto nos equipamentos do centro da cidade coma na periferia, o desenvolvemento de actividades para todo tipo de público relacionadas coas coleccións e as exposicións.

En total serán máis de 40 visitas guiadas convencionais, lúdicas, con representacións, obradoiros; unha ducia de concertos musicais; 12 puntos de actividade, con ampliación de aperturas, exposicións permanentes e exposicións temporais.

Verbum en Samil

Ademais, na planta baixa do Verbum terá lugar o programa «Verbum creativo. Laboratorio artístico», concebido como un espazo de sensibilización, experimentación e creación a partir das capacidades de artistas de distintas disciplinas, facendo tamén partícipes aos asistentes nas distintas fases creativas das súas obras.

Pensado para toda a familia, contará coa artista Iria Vázquez, que animará ao público a crear un mural pictórico co mar como protagonista; Sabela Cereijo, unha oportunidade para ser parte dunha formación a capella; os músicos do colectivo Sulxeitos, que convertirán aos asistentes en compositores musicais nunha instalación sonora; e Nuria Carballido, coreógrafa que nos invita a ser parte dunha peza coreográfica sinxela  e divertida para todas as idades. Todo entre as 20:00 e ás 22:30 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.