No campo da Bouza xa remataron as tarefas que se estaban executando coa previsión de que poida poñerse en funcionamento na semana do 19 de agosto; Bouzas prevé a finalización das melloras na semana do 30 de agosto e xa están rematados os traballos nos campos de Navia, Meixoeiro e Candeán, segundo sinalou este martes o alcalde quen engadiu que a estes cinco campos, o Concello adicou case 2 millóns de euros.
Amais, está rematada a mellora doutros tres terreos de xogo por valor de 410.000€: Valladares e San Miguel de Oia e Matamá.
Agora mesmo, están en proceso de adxudicación os campos de Monte da Mina, San Andrés e Sárdoma – As Relfas que suman un orzamento de 718.000€ e que, en conxunto, suman 11 campos aos que se adica un investimento de 3 millóns de euros.
O alcalde adiantou que, a maiores, quedan pendentes de inicio de obra os campos de Fragoselo e A Guía e xa está en uso o do Carballal.