As obras deron comenzo no mes de maio, dacordo o convenio asinado no mes de xuño de 2018 entre o Concello de Arbo e a Deputación de Pontevedra, contando cun investimento de 233.091€, dos que a institución provincial achegou o 70% e o goberno local o 30%.
O alcalde, Horacio Gil, lembra que a estrada atopábase en mal estado o que supoñía un perigo para os veciños do barrio, debido a que é un núcleo rural con vivendas que teñen acceso pola mencionada estrada.
As obras consistieron na mellora do firme, a creación de senllas nos tramos antigos da estrada provincial, a renovación da rede de abastecemento e saneamento, a renovación da iluminación pública, o retranqueo dun muro e a sinalización de toda a zona de actuación.
Gil, subliña que o proxecto foi unha proposta do Concello motivada pola “necesidade de acondicionar dous tramos antigos da estrada que quedaron en desuso despois da construción da variante da vía, e da necesidade de instalar saneamento e abastecemento de auga, mellorar a iluminación e tamén nova sinalización”.
O alcalde subliña que mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario e a dotación de abastecemento es saneamento, seguen a ser as prioridades do Goberno municipal, tendo agora mesmo coma “obxectivos inmediatos”, o Centro da Terceira Idade e o Punto de Atención Infantil.