As análise realizadas pola Xunta e remitidas ao Concello de Redondela así o confirman
As análise realizadas o venres pasado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, remitidos ao Concello de Redondela ás 4 da tarde deste sábado pasado, indican que “a Praia de Cesantes é totalmente apta para o baño ao dar uns niveis de Escherichia coli moi por debaixo do límite recomendado”.
A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que as análise que orixinaron a suspensión da Travesía a Nado de San Simón, foron realizados o día 7 e o Concello tivo acceso aos resultados o día 9 ás 4 da tarde.
“De inmediato colocouse a bandeira vermella na praia de Cesantes, desaconsellando o baño”, explica a alcaldesa de Redondela e “como medida de precaución tomamos a decisión de suspender a Travesía a Nado de San Simón”.
O día 9, a Sanidade realizaba novas analíticas nas que se deixaba constancia que os niveis de Escherichia Coli e enterococos intestinais estaban por debaixo dos límites máximos permitidos e que, polo tanto, as augas voltaban a ser perfectamente aptas para o baño.
A dita analítica, o Concello tivo acceso ás 16 horas de onte, “aínda que, como se pode comprobar, as augas dende a tarde de onte, eran aptas para o baño”, subliña a alcaldesa.
Por debaixo dos niveis, segundo a Xunta
O límite máximo permitido de Escherichia coli é de 1000 uf/100ml e de 600 ufc/100ml de enterococos intestinales. Nestes momentos, segundo os datos aportados por Sanidade, a praia de Cesantes, en todas as súas zonas, está por debaixo destes niveis.
Pola súa banda, dende a Concellería de Medio Ambiente, dirixida Roberto Villa, sinálase que dende ese departamento, conxuntamente có resto das áreas do goberno local e as demais Administracións competentes, “vaise a levar a cabo unha investigación para identificar as causas que provocaron a contaminación da auga e adoptar as medidas necesarias para evitar que no futuro se volvan a producir situacións como a vivida nestes días”.