Comarcas

@DignaRRivas comunica ao Goberno a “total e absoluta oposición” do Concello de Redondela ao cargadoiro de contenedores do Porto de Vigo en Rande

O Concello de Redondela vén de contestar á consulta realizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre o denominado proxecto “Reordenación del acceso a la zona portuaria de Rande desde la carretera N-552”, que é o paso previo necesario para a futura instalación dunha terminal de carga e descarga de contedores que pretende realizar a Autoridade Portuaria de Vigo.

O Goberno redondelán remitiu ao Ministerio un informe técnico de 11 páxinas redactado por técnicos do Concello que argumentan técnica e xuridicamente a “total e absoluta oposición ao proxecto”.

O escrito de rexeitamento foi asinado pola alcaldesa, Digna Rivas, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, asegurando que “o Porto de Vigo pretende facer unha obra de envergadura, co conseguinte impacto negativo”.

Dende o Concello sublíñase que a obra que propón a Autoridade Portuaria supón o trazado de novos accesos que non están previstos polo planeamento vixente (NNSS), nin polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que se encontra en tramitación.

Para o Concello de Redondela  “a infraestrutura prevista é de gran envergadura, pois inclúe muros de gravidade ou pilotados de considerable altura, caixón fincado baixo infraestruturas actuais, o cal suporía, non una reordenación de accesos como denomina o proxecto senón unha infraestrutura nova que implicaría, dadas as dimensións das obras a executar, un enorme impacto visual e acústico no entorno de actuación”, ademáis a obra sería totalmente contraria ao Plan de Ordenación del Litoral.

Rede Natura e Patrimonio Cultural, ameazados

Dende o Goberno local saliéntase, ademáis, que nesta zona de Rede Natura atópanse importantes bancos pesqueiros e de marisqueo dos que viven numerosas familias, non só de Redondela senón doutros concellos limítrofes, afectando ao ecosistema e, por conseguinte, ao seu medio de vida.

Neste ámbito sitúase o denominado Cargadoiro de Coto Wagner -coñecido como antigo cargadoiro de mineral-, elemento protexido, e a súa contorna que se sitúa no catálogo de patrimonio cultural.

Incremento do tráfico pesado na zona

A alcaldesa alerta, ademáis de que este proxecto prevé dotar de acceso rodado á explanada, o que suporía cargar toda a zona de circulación de tráfico rodado pesado, a tal efecto no informe elaborado polo Concello inclúense recreacións realizadas polo arquitecto Carlos Falagán Mota, servizo encargado polo Concello , onde se pode observar o enorme impacto visual que suporía nunha zona patrimonial e medio ambiental protexida.

También te puede interesar