Un incendio que comezou pasadas as 3 da tarde deste mércores na parroquia de Anfeoz, no concello de Cartelle, segue activo e, dacordo coas primeiras estimacións, arrasou xa máis de 6 hectáreas.
Á hora de redactar esta información traballaban para apagar as lapas un axente, un técnico, nove brigadas, cinco motobombas, unha pa, seis avións e catro helicópteros.