Galicia Vigo al minuto

Vigo aproba a Declaración de Emerxencia Climática

O Pleno do Concello acordou este mércores, por unanimidade a Declaración de Emerxencia Climática na cidade, tal e coma defendeu nunha moción a concelleira de Marea de Vigo, Oriana Méndez.

A Corporación deu luz verde ao  texto elaborado por colectivos ecoloxistas agrupados na Alianza pola Emerxencia Climática.

O mesmo establece que o Concello adaptará as súas normas para contribuír á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro, deter a perda de biodiversidade apostando por unha enerxía 100 % renovable, poñendo en funcionamento as ferramentas necesarias, como frear novas infraestruturas fósiles e artellar políticas reais para unha mobilidade sustentable.

También te puede interesar