Galicia

A autoestrada do Val Miñor (AG-57), rebaixa a peaxe á metade entre as 12 da noite e as 6 da mañá

O presidente do Goberno de Galicia anunciou este xoves, logo do Consello semanal, a  aprobación dunha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57).

Tal e como explicou o presidente Feijóo, a mesma será de aplicación directa a partir do vindeiro día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran por estas autoestradas entre as 12 da noite e as 6 da  madrugada. Así, prevese bonificar 200.000 viaxes no citado horario, xa que se aplicará a todos os vehículos, pesados e lixeiros, que conten co sistema de telepeaxe.

A este respecto, lembrou que na actualidade e desde o ano 2010 xa se aplica nestas autoestradas de titularidade galega nos días hábiles unha rebaixa do 25% do importe da viaxe de volta nun traxecto de ida de volta. Un desconto, incidiu, que se incrementa ata o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas co uso do vía-T.

También te puede interesar