É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVigo, referente nos estudos de Medicina: 775 estudantes formáronse xa nos hospitais da cidade
Dacordo coa Memoria de Actividades da Unidade de Docencia de Grao 2013-2019, difundida este domingo
Así, desde o 2013, ano no que comezou a impartirse a Docencia Universitaria na área sanitaria viguesa, realizaron os seus estudos do último curso no Complexo Hospitalio Universitario de Vigo (CHUVI) 775 alumnos. O récord acadouse o pasado ano académico 2018/2019, con 199 estudantes.
Distintas titulacións e universidades
A capacidade docente do CHUVI demóstrase tamén coa diversidade de materias, titulacións e universidades de procedencia do alumnado do pasado curso.
O groso dos estudantes corresponde ao 6º curso da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, 86 o último ano lectivo. Con todo, tamén formáronse no CHUVI 7 alumnos de Farmacia, 15 de Óptica e Optometría, 6 de Psicoloxía, 2 de Química, 3 de Bioloxía, e 1 das titulacións de Nutrición Humana e Diétetica, Ciencias Políticas e Matemáticas no curso que rematou a pasada primavera.
Ademais, 15 alumnos de Medicina procedían doutras universidades de fóra de Galicia, doutras comunidades españolas e de países como Arxentina, Alemaña, Polonia, Eslovaquia e Portugal, entre outros.
En canto ás titulacións diferentes de Medicina, destacou o curso pasado a presenza durante uns meses de 26 alumnos de Premedicina do Atlantis Project de Estados Unidos e 1 estudante de Neurociencia tamén dese país. Ademais, rexistráronse outros alumnos de disciplinas como Psicoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica e Psicoloxía.
Dacordo cos datos da devandita Memoria, os últimos catro anos case se duplicou o número de profesores asociados, pasando de 14 en 2015 a 25 na actualidade.
Pero o dato máis relevante é o crecemento de colaboradores docentes, que son facultativos que participan na función de ensino sen recibir remuneración polo seu traballo cos estudantes: o curso pasado foron 549 os colaboradores docentes, mentres que no 2013 eran 178.