Ana Pontón (Sarria 1977) anunciou este domingo que está embarazada de 18 semanas. “Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou viviendo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoitos semanas!! Non podía ser máis feliz”, comentou en Twitter.
Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou vivindo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoito semanas!! Non podía ser máis feliz🥰🥰
— Ana Pontón (@anaponton) September 15, 2019
Axiña houbo moitas respostas a este anuncio, coma o do presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo quen escribiu “Parabéns, Ana! Unha gran noticia. Pola miña experiencia, que a familia medre é a mellor das decisións e a maior das alegrías. Que vaia todo ben! Unha aperta”.