O xerente da Área Sanitaria de Vigo mantivo dúas xuntanzas –coa Comisión de Centro de Atención Primaria e cos xefes de servizos e coordinadores deste nivel asistencial– para concretarlles o calendario e os emprazamentos das oito novas prazas de persoal derivadas do Plan de Atención Primaria, para aumentar o persoal dos centros de saúde.
Así, trátase de dous fisioterapeutas (un xa incorporado no centro de saúde de Navia na xornada de tarde, e outro a partires do 1 de outubro no Nicolás Peña, tamén en xornada de tarde); 3 médicos de familia e 3 enfermeiras destinados aos centros de Ponteareas, de tarde; Coia, de mañá; e Lavadores, en xornada deslizante.
As incorporacións destes seis novos efectivos será o próximo 1 de outubro ou ben o 1 de novembro (pendentes do concurso de traslados de enfermaría).