As persoas que o desexen poden coñecer en primeira persoa, este mércores, día 16, ás 16:30 horas- no CEIP Nosa Señora da Mercé– o traballo que desenrolan os profesionais do Servizo de Atención Temperá do Concello de As Neves.
Dende o pasado 2 de setembro, este servizo, desenrolado no Centro Social municipal, a cargo da psicóloga Rosa García, a logopeda Noelia Rivadas e a fisioterapeuta Tania da Rocha, ten coma obxectivo detectar e atender posibles trastornos no desenrolo de nenas en nenos de entre 0 e 6 anos de idade.
Implicación do entorno escolar e familiar
Esta atención, coma sinalan as tres profesionais, abranguen un conxunto de intervencións e iniciativas que non só teñen coma implicados aos pequenos, senón “ás persoas da súa contorna”, coma os país, educadores e familiares.
Intervención de servizos sociais, profesores e pediatras
Na detección de posíbeis dificultades ou problemas no desenrolo teñen unha importancia clave as profesoras e profesores das escolas de Educación Infantil, o persoal do departamento de Servizos Sociais, que está en contacto diario con familias do concello e a Pediatra, que pode atopar alteracións, sexan transitorias ou non, que requiran unha análise, estudo e atención.
Importancia da actuación dende os primeiros meses de vida
Este servizo, que conta cunha subvención do Goberno de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, atende na actualidade en As Neves a 8 nenas e nenos con dificultades no seu desenrolo, ou en risco de telas, aos que se estimula mediante técnicas de fisioterapia, psicomotricidade e logopedia, desenroladas mediante xogos e actividades de lecer e entretemento, de cara a darlle resposta, axiña, ás mesmas.
Rosa, Noelia e Tania, subliñan a transcendencia de traballar con cativas e cativos xa dende os primeiros meses posto que aproveitase a facilidade de aprendizaxe e capacidade de adaptación que ten o cerebro de bebés e nenos de entre 0 e 6 anos. É nesta etapa de tempo na que máis se pode favorecer o desenrolo das pequenas e pequenos proporcionándolles percepcións sensoriais que os estimulen.