Dúas empresas concorren á licitación do contrato de servizos sanitarios asistenciais para CEDRO, logo de que quedase deserto nunha convocatoria anterior. A oferta é por tres anos e por un importe total de 791.000€ anuais.
CEDRO é o centro municipal de tratamento das drogodependencias, un servizo que o pasado ano 2018 atendeu a 1.025 doentes e inclúe unidades de día e asistencial.
O orzamento desta dotación social para este ano ascende a 1.449.000€ dos que preto dun millón son achegados directamente polo Concello.