O Goberno de Galicia elimina dende o vindeiro 1 de xaneiro de 2020 a obriga de pagar imposto de sucesións cando as herdanzas entre familiares directos-pais e fillos- sexan de menos de 1 millón de euros.
Foi o presidente do Goberno galego quen o adiantou este xoves a medida coma parte dos orzamentos para o ano que ven e que, subliñou beneficiará ao “99,9%” da poboación de Galicia.
O presidente Feijóo tamén informou da baixada de impostos para a compra de vivienda no rural- que pasa de 7 ao 5% no caso de vivenda habitual e do 10 ao 6% na segunda vivenda-; e a introducción, no IRPF do que chamou “dedución verde” de 1.500€ para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas.