A central alerta de centos de despidos se non se toman medidas de inmediato ante a “grave” situación do sector
Representantes da CIG, concentrados este venres diante da Delegación da Xunta en Vigo, demandaron a “inmediata” convocatoria da Mesa do Naval ante a grave situación pola que está a pasar o sector.
César Rodríguez, representante do naval do sindicato, subliñou que “estase a xogar o futuro deste sector”, como pon de manifesto a situación dos dous principais asteleiros da ría de Vigo: Vulcano, “pechado”, e Barreras “en preconcurso de acreedores” e sen unha saída á vista.
A esta circunstancia súmase a débeda de máis de 20 millóns que hai coas ducias de empresas auxiliares e que de non solucionarse provocará centos de despidos, expedentes de regulamento de emprego e, mesmo, o peche, “coma xa pasou con algunha delas”.
Para a CIG as mesmas administracións que no seu día mediaron, derón a súa bendición e “avalaron” aos empresarios responsábeis da mala xestión dos asteleiros, investindo, “sen supervisión e sen control algún”, cartos públicos nos mesmos, “non poden mirar agora para outro lado”.