Vigo al minuto

@bngvigo pide de novo que non empecen as obras do túnel de Elduayen e que se estuden outras alternativas

Vía libre para seguir con la prolongación del túnel de la Porta do Sol hasta Torrecedeira

Reitera o seu total aopio á peatonalización do centro que propón que chegue ata o Paseo de Alfonso

Logo de que o Tribunal Administrativo da Contratación Local admitise a trámite as alegacións formuladas polo colectivo Vigo Histórico en contra do proxecto de túnel de Elduayen, o BNG vén de pedir ao Goberno municipal que non inicie as obras até estudar alternativas a esta intervención.

“Pedimos, de novo, que se paralice a execución do proxecto até avaliar todas as opcións técnicas, que se inicie un diálogo real coa veciñanza afectada e cos colectivos do barrio e que se someta a exposición pública o proxecto definitivo”, explicou o concelleiro, Xabier P. Igrexas.

Garantía para os edificios

O voceiro nacionalista volveu demandar que o proxecto de peonalización garanta a seguridade dos inmóbeis afectados e que non se limite á Porta do Sol e atinxa tamén ao Paseo de Afonso XII.

Peatonalización ate o Paseo de Alfonso

“O principal miradoiro urbano, un balcón privilexiado á nosa Ría como o Paseo de Afonso non pode quedar fóra desta peonalización”, defendeu. A este respeito desde o Bloque advirten de que o momento para incorporar este ámbito para facer unha actuación “verdadeiramente integral” é antes do inicio das obras para evitar unha “chapuzada millonaria”. “Escoitamos estes días ao alcalde abrirse á posibilidade de que o Paseo sexa tamén peonil. A pregunta é por que hai que esperar? Por que non se pode facer conxuntamente?”, inquiriu o concelleiro do Bloque, que alertou que co actual deseño do túnel “moi dificilmente se poderá facer o Paseo peonil nun futuro”.

Críticas ecoloxistas

O BNG fai propias as críticas formuladas polo movemento ecoloxista advertindo de que soterrar o tráfico rodado non é a solución. “Non queremos meter o tráfico debaixo da alfombra, o que se precisa é retirar vehículos das rúas e iso pasa por peonalizacións reais e por mellorar substancialmente a alternativa do transporte colectivo”, argumentan.

Igrexas lembrou que todas estas peticións xa se formularon nunha moción que foi rexeitada no Pleno da corporacións “cos votos do PSOE e tamén do PP”. No entanto, o Bloque defende que unha actuación tan importante como a “peonalización do quilómetro cero da cidade”, que reiteran conta co “total apoio do BNG”, ten que acometerse procurando o máximo consenso social, veciñal e político. “Ten que ser un proxecto de cidade, non dun Goberno ou dun partido”, reclamou o concelleiro.

Diálogo

Por outra banda, o portavoz municipal do BNG volveu facer un chamamento ao diálogo. “O Goberno municipal ten que sentarse coa veciñanza e co tecido asociativo. A falar, a dialogar, a escoitar”, demandou.

También te puede interesar