O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 93 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 18, e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo, .20 de outubro.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 64 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas sinistros de circulación.
En 80 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.