Comarcas

@depo_es subvenciona a compra de desfibriladores para 22 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións para a adquisición de desfibriladores por parte de entidades locais da provincia cuxa poboación non supere os 20.000 habitantes.

Un total de 22 concellos – Caldas de Reis e Meaño. Pola súa banda, Moaña e Vilanova de Arousa adquirirán 3; Agolada, Cuntis, a Illa de Arousa, Sanxenxo e Silleda recibirán dous e Campo Lameiro, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces- recibirán aproximadamente un 60% da contía derivada da adquisición, instalación, posta en funcionamento e mantemento de 37 equipos médicos en instalacións municipais.

O custe total da totalidade dos desfibriladores ascende a 83.886€, resultando un custe unitario por equipo médico de 2.267,19€. Deste xeito, a Deputación achegará 50.000€, mentres que os 33.886 restantes deberán provir dos concellos.

En todas as instalación deportivas

Esta iniciativa da institución provincial busca que as instalacións deportivas dos municipios da provincia (neste caso, aqueles con menos de 20.000 habitantes), por seren estas empregadas por un número considerable de persoas que practican deporte e de todos os rangos de idade, estean dotadas do material indispensable que permita prever calquera continxencia que poida acontecer.

30.000 mortes al ano por paradas cardio-respiratorias

Dentro destas continxencias atópanse as paradas cardio-respiratorias repentinas. O European Resuscitation Council (ERC) indica entre as súas recomendacións para tratar os paros cardíacos que as manobras de reanimación cardiopulmonar non son en moitos casos suficientes para salvar unha vida e sinala, polo tanto, a necesidade de empregar un desfibrilador. Na actualidade, 30.000 persoas morren en España cada ano por culpa dunha parada cardio-respiratoria. Empregando un desfibrilador nun período máximo de 10 minutos posteriormente ao inicio da parada, as posibilidades de supervivencia poden aumentar ata un 70%.

You may also like