Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAberto o prazo para inscribirse no programa Xuntos polo Nadal
A Xunta de Galicia abre ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa Xuntos polo Nadal , destinado ás persoas maiores de 60 ou máis anos que se atopan soas nestas datas, ben pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
A principal novidade deste ano é que se habilita como punto de destino o Complexo Residencia Xuvenil Lug II, en Lugo, que se suma así ás Residencias de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, e de Panxón, en Nigrán.
O número de prazas ofertadas mantense en 260, distribuídas do seguinte xeito: 105 na residencia do Carballiño para persoas procedentes das provincias de Ourense e Pontevedra; outras 105 no centro de Panxón para os maiores que veñan da provincia da Coruña; e 50 nas instalacións xuvenís Lug II para aqueles que sexan da provincia de Lugo.
A duración do programa dará cobertura a toda a época do Nadal, ao comezar o día 23 de decembro de 2019 e rematar o día 7 de xaneiro de 2020.
Xuntos polo Nadal inclúe estancia durante 16 días (15 noites) con aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa e actividades de animación sociocultural. Tamén está contemplado tanto o desprazamento en autobús desde diversos puntos de Galicia ata o centro residencial adxudicado como o regreso.
A recollida das persoas participantes efectuarase o 23 de decembro polo tarde e a volta será o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Prezos reducidos e voluntariado
As persoas participantes cuns ingresos inferiores ao Iprem (537,84 euros/mes) asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.
Para a selección dos participantes darase preferencia a aquelas que perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos, teñan máis idade, dispoñan dun menor nivel de ingresos económicos e non participasen en Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
As persoas que o desexen poderán participar neste programa como voluntarios e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que se organicen, así como ofrecer a súa compañía que alí se atopen.
Os interesados deberán cubrir o formulario de inscrición que se atopa na páxina web de Voluntario Galego antes do 30 de novembro.
Os participantes estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil. Os gastos de desprazamento das persoas voluntarias desde os domicilios ata ao centro residencial elixido son pola súa conta.