'Qué te cuentas?' Comarcas

91,5% de aprobados entre o alumnado participante nos cursos de idioma español da @depo_es

O 91,5% das alumnas e alumnos que participaron este ano nos dous primeiros cursos de español para inmigrantes, organizados pola Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo, superaron a proba DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira, nivel A2).

Estas accións formativas, promovidas pola institución provincial, están encamiñadas á preparación do alumnado para examinarse desta proba, xa que é un requisito indispensable para que logo poidan obter a nacionalidade española.

A Deputación subvenciona integramente o curso, incluíndo o custe da matrícula do DELE, e o Instituto Cervantes examinou ás persoas participantes o pasado 13 de setembro no Centro de Linguas de Vigo.

40 alumnas e alumnos

O alumnado que se examinou asistiu aos primeiros dous cursos que se celebraron este ano nas instalacións da Deputación en Pontevedra e Vigo. Nestas dúas accións participaron 40 persoas, a meirande parte mulleres, aínda que ao exame concorreron un total de 35 e superaron a proba 32 (por diversas circunstancias, especialmente laborais, 5 non puideron presentarse).

A porcentaxe de aprobados é dun 91,5%, un dato que a Deputación considera especialmente positivo, xa que hai que ter en conta que as persoas que se presentan en moitos casos teñen que compatibilizar a formación e os estudos co seu traballo, así como cargas familiares sen apoio.

Nestes momentos, outras 15 persoas están a rematar en Vigo o terceiro dos cursos programados este ano pola Deputación e prevese que se examinen do DELE A2 os vindeiros días 22 e 23 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. En total, para os tres cursos presentáranse 132 solicitudes para as 60 prazas existentes.

 Brasil, Rusia, Uvraína, Palestina ou Ghana

No que atinxe aos países de procedencia, no caso do alumnado que fixo o curso en Pontevedra, a meirande parte proviña de Marrocos, aínda que tamén de Brasil, Rusia, Palestina e Ghana. En Vigo, a maioría das persoas participantes na primeira acción formativa foron de Senegal, seguidos dos de Marrocos, Brasil, Rusia, Ucraína, Angola e Irán, mentres que no último dos cursos a maioría de persoas é de Marrocos, seguido de cidadáns de Senegal e Nixeria.

También te puede interesar