É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másConcentración para reclamar, de novo, a gratuidade da autoestrada do Val Miñor
O BNG convocou este sábado un acto reivindicativo da gratuídade da AG-57 para denunciar a “discriminación” que, por parte do goberno do PP, sofre o Val Miñor a respecto doutras comarcas como O Morrazo ou O Salnés, que desfrutan de autovías autonómicas gratuítas.
Para o Bloque, se estivera libre de peaxes, a AG-57 serviría de circunvalación ao Val Miñor, mellorando a
mobilidade xeral na comarca e eliminando o tráfico de paso polos núcleos urbanos. Desconxestionaría as estradas Vigo-Baiona, evitando atascos na Ramallosa, principal nó de conexión dos tres concellos; e Vigo-Gondomar, ao seu paso por Vincios, humanizando a parroquia. Contribuíndo a mellorar a calidade de vida e reducir a siniestralidade e os riscos asociados a este tráfico, que en moitos casos é tráfico pesado.
Así mesmo, serviría de conexión directa, rápida e gratuíta co hospital Álvaro Cunqueiro, e con outros centros médicos, de ensino, administrativos e de servizos da área de Vigo; e melloría a competitividade e a conectividade dos parques empresariais da Pasaxe-Vincios (Gondomar) e de Porto do Molle (Nigrán), e destes coa AP-9.
O BNG aposta polo rescate de AG-57 e a súa xestión pública
Os concentrados denunciaron tamén a “ridiculez e irrelevancia” da medida anunciada por Feijóo de reducción nas
peaxes en horario nocturno xa que “ten unha incidencia mínima na mobilidade e os desprazamentos que realiza a veciñanza do Val Miñor tanto por razóns de traballo como para as diversas xestións persoais -de saúde, ensino, administrativas ou de lecer-.