O número de galegas e galegas que están anotadas nas oficinas de emprego medrou o mes pasado en 7.323 persoas, dacordo cos datos difundidos este martes polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
A finais de outubro había en Galicia 164.307 persoas desempregadas rexistradas no antigo INEM ainda que, sempre dacordo cos datos coñecidos hoxe, o paro baixou en 5.437 persoas dende hai un ano.