Cultura Destacados

Dous estudantes de Vigo, Premio Extraordinario da ESO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a 20 estudantes cos Premios
Extraordinarios de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ao Rendemento Académico correspondente ao curso 2018-19, tal e como publica este mércores o Diario Oficial de Galicia .

Estes galardóns, instaurados con carácter anual, teñen como finalidade valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou ESO no sistema educativo galego cun excelente aproveitamento académico.

10 alumnas e alumnos da provincia, dous deles de Vigo

Nesta edición, na provincia de Pontevedra os 10 premios recaeron en Ariadna Lorenzo Poncela e Lucía Cuíña Moreira do IES Sánchez Cantón (Pontevedra); Ibai Otero Gómez do IES Francisco Asorey (Cambados); Claudia Gómez Lomba do IES A Sangriña (A Guarda); Pedro Rodríguez Viñas do CPR Plurilingüe Mariano (Vigo); Xavier Graña Lobeira do IES Illa
de Ons (Bueu); Andrea Ferrer Muñiz do IES de Poio; Celtia Castelo Gajino do CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra); Emilia Alario Pastoriza do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); e Noa Comesaña González do IES de Beade (Vigo).

En total outorgáronse 20 premios extraordinarios (a razón de 8 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 10 en Pontevedra) para o alumnado que finalizou os seus estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2018/19 nun centro docente de Galicia.

Todos os premiados obtiveron unha media das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9, e deles, o 45% obtivo unha nota media de entre 9,75 e 10; o 50% de entre 9,25 e 9,75; e o 5 % restante de entre 9 e 9,25.

Cada premio está dotado cunha contía de 750€ e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios estatais de educación secundaria obrigatoria.

You may also like